Regulamento

DATA, HORA E LUGAR DA CARREIRA

A Carreira de Papá Noel celebrarase o domingo 20 de decembro de 2026 en Santiago de Compostela ás 11:00 horas.

A proba constará dun percorrido de aproximadamente 4 km, con saída no Centro Comercial As Cancelas e chegada á Praza do Obradoiro.

ORGANIZADORES

A carreira estará organizada por NOKAO, en colaboración co Centro Comercial As Cancelas, OCA Hotels e o Concello de Santiago de Compostela.

PARTICIPACIÓN

Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas persoas que estean correctamente inscritas ata un máximo de 2.000 corredores (1.500 adultos e 500 nenos de 12 anos ou menores).

Todos os menores de 12 anos deberán estar acompañados por un maior de idade en todo momento.
Aqueles con idades entre 12 e 18 anos (non cumpridos o día da proba) deberán acudir acompañados.

RESPONSABILIDADE

A participación no evento está baixo a responsabilidade e propio risco dos participantes. Ao inscribirse, o participante declara estar fisicamente apto para o evento.

CATEGORÍAS

Categoría Papá Noel:

  • Absoluta masculina
  • Absoluta feminina

Categoría Elfo:

  • Infantil masculina
  • Infantil feminina

INSCRICIÓNS

As inscricións realizaranse exclusivamente a través de www.deporticket.com e pecharanse o mércores 16 de decembro de 2026 ás 23:59 horas, ou cando se esgoten os 2.000 dorsais, o que ocorra antes.

Prezos de inscrición:

Ata o 9 de decembro de 2026:

  • Inscrición individual: 13€
  • Pack familiar 1 (3 persoas: 1 adulto e 2 nenos ou 2 adultos e 1 neno): 12€/persoa
  • Pack familiar 2 (4 ou máis persoas): 11€/persoa

Do 10 ao 16 de decembro de 2026:

  • Inscrición individual: 15€
  • Pack familiar 1: 14€/persoa
  • Pack familiar 2: 13€/persoa

A inscrición inclúe:

  • Traxe de Papá Noel ou de Elfo
  • Dorsal

RECOLLIDA DO DORSAL + TRAXE

A recollida do dorsal e do traxe realizarase no Centro Comercial As Cancelas, nos seguintes días e horarios:

  • Venres 18 de decembro de 2026: de 16:30 a 20:30 horas.
  • Sábado 19 de decembro de 2026: de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.
  • Domingo 20 de decembro de 2026: de 9:00 a 10:45 horas.

Quen recolla o dorsal e o traxe o venres ou o sábado entrará no sorteo dunha cesta de Nadal valorada en máis de 100 euros grazas ao Centro Comercial As Cancelas.

DESCUALIFICACIÓNS

Poderán ser retirados da carreira:

  • Participantes en mal estado físico.
  • Quen non realice o percorrido completo.
  • Quen amose comportamentos antideportivos ou actitudes contrarias ao regulamento.

PREMIOS

Haberá premios para os tres primeiros clasificados en categoría xeral masculina e feminina, e para os tres primeiros menores de 12 anos en categoría masculina e feminina.

IMPORTANTE: Para optar aos premios é imprescindible completar a carreira co disfrace completo de Papá Noel ou de Elfo.

ARTIGO 11. RESPONSABILIDADE

A participación no evento está baixo a responsabilidade e propio risco dos participantes. O participante, no momento da inscrición, manifesta atoparse fisicamente apto para completar calquera dos percorridos propostos. A organización declina toda responsabilidade polos danos que os participantes poidan ocasionar durante a proba, causarse eles mesmos ou derivar deles a terceiros.

ARTIGO 12. CONSIDERACIÓNS

A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación total da Normativa Técnica da proba. Baixo ningún concepto, unha vez formalizada a inscrición, se poderá transferir a participación a outra persoa por motivo de non poder participar na proba ou calquera outra circunstancia.

ARTIGO 13. ACEPTACIÓN

Se vostede marca a casa que aparece na inscrición, estará declarando: (i) que é maior de 16 anos; (ii) que a información que nos proporcionou durante o proceso de rexistro e/ou inscrición é veraz; (iii) que acepta incondicionalmente o regulamento do evento, os termos e condicións que figuran no Aviso Legal, a Política de Privacidade e a Política de Cookies cuxas ligazóns aparecen, ademais de aquí, ao final desta páxina web; e (iv)que nos está dando o seu consentimento expreso para que os seus datos de carácter persoal (nome, apelidos, nome de usuario, contrasinal, email, enderezo postal, teléfono, xénero e data de nacemento) sexan

tratados por SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U. (CIF A-82090952, domicilio social na rúa Nestares 20, 28045 Madrid, España, teléfono 913470100 e email sportlife- iberica@slib.es para os seguintes fins:

Rexistralo como usuario e inscribilo no evento. O responsable do tratamento dos seus datos para as indicadas finalidades é a mesma SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U. (CIF A- 82090952, domicilio social na rúa Nestares 20, 28045 Madrid, España, teléfono 913470100 e email sportlife-iberica@slib.es).

Xestionar a súa participación no evento, para o que os seus datos serán comunicados ao organizador deste, que é Sport Life Ibérica S.A.U. A82090952 C/ Nestares, 20. MADRID 28045. sportlife-iberica@slib.es, para todos os fins incluídos no Regulamento do evento; e, en particular, para publicar o seu nome e apelidos nas clasificacións e/ou listas de participantes no evento, para a captación ou fixación da súa imaxe durante o evento, e os momentos anteriores e posteriores a este, en calquera material fotográfico ou videográfico.

Difundir a súa participación no evento, a través da difusión das clasificacións e/ou listas de participantes e da imaxe destes, para calquera fin, incluídos expresamente os publicitarios, sen límite temporal, e sen contraprestación, por calquera medio visual ou audiovisual, incluída internet, por parte do organizador técnico SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U. (CIF A-82090952, domicilio social na rúa Áncora 40, 28045 Madrid, España, teléfono 913470100 e email sportlife- iberica@slib.es). Os seus datos persoais serán conservados ata que vostede proceda a revogar o consentimento que agora outorga; e, a partir dese momento, bloquearanse e arquivaranse durante o tempo necesario para facer fronte a calquera reclamación legal. Analizar os seus datos persoais con fins de prospección de mercado e mercadotecnia electrónica, para enviarlle información publicitaria de produtos e servizos do organizador técnico (Sport Life Ibérica S.A.U. A82090952 C/ Nestares, 20. MADRID 28045. sportlife-iberica@slib.es).

Revogación do consentimento.- Trataremos os seus datos mentres vostede non retire o consentimento que agora nos outorga, retirada que pode realizar en calquera momento, con efectos instantáneos, dirixíndose por correo postal ao domicilio social de SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U., rúa Nestares 20, 28045 Madrid, España, ou a través do enderezo electrónico protecciondatos@slib.es, ou a través do formulario web dispoñible aquí. Así mesmo, e respecto da canle de mensaxería instantánea soamente, poderá darse de baixa nela respondendo coa palabra “baixa” a calquera das que reciba. No caso de que a revogación do consentimento a realice antes da data do evento, debe saber que iso comportará a súa baixa inmediata neste, no que non poderá participar salvo que volva completar todo o proceso de inscrición. E se a devandita participación está suxeita ao pagamento dun prezo de inscrición, o seu importe só lle será restituído se notifica a súa baixa no evento polo menos trinta días antes da data de celebración.

Exercicio de dereitos.- Para o exercicio dos dereitos que lle asisten, de acceso aos seus datos, rectificación, supresión ou limitación do seu tratamento, obter copia dos datos ou facer efectivo o dereito á portabilidade destes, deberá dirixirse por correo postal ao domicilio social de SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U., rúa Nestares 20, 28045 Madrid, España, ou a través do enderezo electrónico protecciondatos@slib.es, ou a través do formulario web dispoñible aquí.

Conservación dos seus datos persoais.- SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U. adoptou as correspondentes medidas de seguridade para a conservación e custodia dos seus datos de carácter persoal, e designou un Delegado de Protección de Datos, malia non estar obrigada a iso, ao que pode contactar no domicilio social de SPORT LIFE IBÉRICA S.A.U., rúa Nestares 20, 280455 Madrid, España ou a través do enderezo electrónico dpo@slib.es.

Sexa cal sexa a razón pola que remate o tratamento dos seus datos de carácter persoal, conservaremos os seus datos debidamente bloqueados e arquivados para facer fronte a eventuais responsabilidades legais, durante un prazo máximo de cinco anos. Posibilidade de formular reclamacións ante a AEPD.- En todo caso, lembrámoslle expresamente que ten vostede dereito a formular as reclamacións que considere oportunas ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es), con sede en Madrid, rúa de Jorge Juan, 6 (CP 28001), ou ante os organismos equivalentes das Comunidades Autónomas.

ARTIGO 14. MODIFICACIÓN DE DATOS DA PROBA

A organización resérvase o dereito de modificar calquera cuestión da carreira comunicándoo coa suficiente antelación para que os participantes estean informados, a través da páxina web e medios de comunicación propios.

Patrocinan

Concello de Santiago
Ucoga
Xunta de Galicia
Galicia Calidade
Xacobeo 2027
As Cancelas
OCA Hotels